InicioEconomíaO Goberno di que manter a produción de Aluminio é "clave" pero...

O Goberno di que manter a produción de Aluminio é “clave” pero admite que a venda “non é fácil”

Blanco asegura no Congreso que hai unha opción para suceder a Alcoa, pero que a titular é unha empresa "tremendamente complicada"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O secretario xeral de Industria e da Pyme, Raúl Blanco, dixo que o escenario actual para a planta de Alcoa de San Cibrao, en Lugo, é o da posibilidade de que un grupo industrial suceda á propietaria, aínda que advertiu de que “non é fácil” porque esta multinacional alumineira “é unha empresa tremendemente complicada”.

Neste sentido, Blanco, que compareceu este mércores na Comisión de Industria do Congreso, recordou a venda das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés (Asturias), un proceso que dixo que foi “exemplar” no seu inicio e “despois torceuse do xeito que vimos”.

Co aval do Executivo central, Alcoa vendeu esas fábricas ao fondo suizo Parter Capital, que despois as vendeu ao grupo Riesgo, fábricas que agora se volven a atopar nunha situación crítica.

Blanco agradeceu á Xunta de Galicia que logo da campaña electoral se unise á tarefa de buscar unha saída para a planta de San Cibrao e engadiu que o traballo do Goberno central vai orientado a que haxa un proxecto industrial de futuro para esa planta, que quere comprar Liberty House, que forma parte do conglomerado GFG Alliance.

Segundo Blanco, é clave manter esa produción industrial da fábrica de Alcoa na comarca lucense da Mariña.

CULPA AO EXECUTIVO ANTERIOR DE “FALTA DE POLÍTICA INDUSTRIAL” AO “NON REVISAR INVESTIMENTOS”

O secretario xeral de Industria indicou que os problemas de Alcoa e de Nissan, que anunciou en maio o peche das súas plantas en Barcelona, derivan da falta dunha política industrial durante os últimos dez anos, que fixo que non se seguisen de cerca a esas empresas para que investisen en melloras da súa competitividade.

Respecto de Nissan, dixo que o diálogo que se emprendeu tras anunciar a multinacional xaponesa o 28 de maio o peche deu resultados ao afastar a data de clausura a decembro de 2021. Blanco subliñou a importancia dese adiamento porque “o tempo non é unha variable calquera e os movementos corporativos globais poden ser diversos e traer novidades que agora nin nos esperamos”.

GeC E BNG RECLAMAN A INTERVENCIÓN

Formacións como Galicia en Común ou o BNG solicitaron este mércores a intervención pública en Alcoa no caso de fracasar as negociacións entre Alcoa e Liberty House, unha actuación que polo de agora o Goberno central descartou sempre. Tamén reclamaron a aprobación do estatuto do consumidor electrointensivo, comprometido polo Goberno central desde hai case dous anos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...