InicioEconomíaSancións, peláxicos ou a comunicación electrónica das capturas, a debate en Viveiro

Sancións, peláxicos ou a comunicación electrónica das capturas, a debate en Viveiro

As confrarías do Cantábrico Noroeste presentaron as súas reivindicacións ante as administracións

Publicada o

- Advertisement -

Viveiro acolleu a cuarta Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste, que reuniu ás sete agrupacións de pósitos do caladoiro.

O xoves celebrouse unha xornada de traballo na que os dirixentes das confrarías puxeron en común as súas valoracións de temas como os descartes, medidas técnicas, o regulamento de control ou o plan de xestión do caladoiro.

O venres, o sector pesqueiro puido presentar as súas preguntas e reivindicacións a representantes das administracións. Acudiron ao encontro a secretaria xeral de pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz, e Mercedes Rodríguez Moreda, directora xeral de pesca da Xunta de Galicia, entre outras autoridades.

MULTAS

As confrarías insistiron na revisión da catalogación das sancións que poden obrigar á devolución das axudas recibidas do Fondo Marítimo Pesqueiro, unha demanda xa plantexada noutras ocasións. Neste senso, plantexaron a posibilidade de compensar a multa de cabala con cota de bocarte.

RAIA E SARDIÑA

Os problemas derivados da xestión da raia ou da sardiña e a incidencia dos arrastreiros peláxicos irlandeses e franceses que condicionan a costeira do bonito foron algúns dos temas destacados.

MINIMIS

Tamén se preguntou sobre o criterio que se aplicará para delimitar a especie principal para a pesquería multiespecífica, á hora de computar o 1% de minimis.

DATOS DE PESCA

No tocante ao regulamento de control, unha das preocupacións do sector é a implantación dun sistema de comunicación electrónica de datos de captura para as embarcacións que non teñen esa obriga na actualidade. 4INTERFEDERATIVA_CONCLUSIONES2018+

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...