InicioEconomíaLiberty: "con garantías no subministro de alúmina e de enerxía podemos cambiar...

Liberty: “con garantías no subministro de alúmina e de enerxía podemos cambiar o rumbo de Aluminio”

O responsable da expansión do grupo afirma que a "tranquilidade" no fornezo da materia prima é "crucial" para facer investimentos que teñen "un período de amortización de dez anos"

Publicada o

- Advertisement -

O director xeral de Investimentos do grupo GFG Alliance / Liberty House, Jay Hambro, asegurou nunha entrevista que a potencial compradora da planta de aluminio de San Cibrao está a “traballar con Alcoa” para pechar un proceso de venda das instalacións. En declaracións para o medio especializado S&P Global Platts, o dirixente da siderúrxica británica asegurou que confía en atopar “unha solución para o longo prazo da fábrica, sempre que se garantan as fontes de enerxía e alúmina“, expuxo.

FALA DUN “FUTURO A LONGO PRAZO” PARA SAN CIBRAO

Sobre a planta de aluminio primario, a única que existe en España e unha das principais consumidoras do Estado no tocante á electricidade, que supón o 40% dos gastos de produción, Hambro considera que “cun gran investimento en enerxía renovable nesa parte de España e, en xeral, en toda España, podemos crear unha base de custos para fundición que apoiará un futuro a longo prazo”. Liberty House planea investir para alimentar a factoría 1.000 millóns en tres plantas; unha eólica, outra fotovoltaica e outra de coxeración.

GFG Alliance está “esforzándose moito en crear unha solución sostible a longo prazo para a fundición de San Cibrao. Somos bos en atopar formas empregando un pouco de imaxinación e os fenomenais recursos humanos que temos na casa para reunir eses ingredientes e cambiar o futuro das industrias que moita xente descarta“, argumentou.

“Estamos a traballar con Alcoa para asegurarnos de que os investimentos que realizamos – que terían un período de amortización de máis de dez anos– terán o soporte dun subministro fiable da súa refinería (de alúmina). Se podemos resolver todos estes elementos e contamos coa colaboración do vendedor, estou seguro de que podemos dar o que facemos mellor e cambiar a fortuna dun negocio coma este”, dixo Hambro.

GRUPO EN EXPANSIÓN

A filial de Liberty House está a manter conversas exclusivas sobre a planta de aluminio de San Cibrao, de 228.000 toneladas anuais, onde Alcoa presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que queda por agora en suspenso, ata o 28 de setembro. De non frutificar unha venda, retomaríase un período de consultas do despedimento colectivo, cunha proposta inicial que suporía a perda de 534 empregos na factoría e doutros 400 en empresas auxiliares.

Con Hambro, que é responsable da estratexia de crecemento global de GFG, Liberty expandiu significativamente os seus intereses en aluminio nos últimos dous anos. Os seus activos de aluminio inclúen a fundición de aluminio máis grande de Europa (280.000 toneladas ao ano) en Dunkerque (Francia), comprados a Río Tinto, a única fundición de Reino Unido en Fort William (Escocia), e os activos posteriores consolidáronse nos últimos meses no grupo Alvance Aluminum.

PREOCUPAN AS INTENCIÓNS DE ALCOA SOBRE ALÚMINA

Con todo, Alcoa insiste en que as posturas están distantes e acusa a Liberty House de “poñer en risco” a venda con “demandas non razoables”. Preguntado pola súa versión sobre as negociacións, Hambro non se pronuncia, admitindo que garantías de “tranquilidade” no subministro da materia prima -que non se incluíron nas actuais conversas- son imprescindibles para que o proceso de venda siga adiante. “Non sería bo para ninguén que nos mercasemos a planta de aluminio e logo (Alcoa) quixese pechar a refinería“, conclúe.

O comité e sindicatos como CC OO ou UGT acusaron á titular de querer “boicotear” as negociacións para pechar definitivamente o complexo industrial en 2025.

CC OO lembrou que “falta por aplicar unha rebaixa, anunciada hai un ano, por Roy Harvey de 1,6 millóns de toneladas de alúmina para os próximos cinco anos, cantidade exacta coa que se produce en San Cibrao”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...