InicioEconomíaO BNG leva ao Parlamento o "abandono premeditado" do tren Ferrol-Ribadeo

O BNG leva ao Parlamento o “abandono premeditado” do tren Ferrol-Ribadeo

Os nacionalistas aseguran que a recuperación dos horarios, tras reducir Renfe as frecuencias de catro a unha soa diaria por sentido, é "unha necesidade urxente"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O BNG anunciou este venres a presentación no Parlamento de Galicia dunha iniciativa sobre “o progresivo deterioro” da infraestrutura e servizos da liña de proximidade de tren que une Ferrol e Ribadeo, cuxos servizos permanecen reducidos desde o inicio do estado de alarma pola covid-19.

Nun comunicado, a formación reiterou a existencia dun “abandono premeditado” deste servizo. “Parece camiñar cara á liquidación definitiva“, reprochou o grupo político.

O parlamentario ferrolán Mon Fernández sostivo que ás deficiencias estruturais que denuncian “desde hai tempo” úneselle a situación que deriva da covid-19. Así, sinalou que Renfe propiciou a redución dos servizos nun 75%, quedando Ferrol-Ribadeo cun único servizo diario en cada sentido cando antes había catro.

Tamén destacou que as liñas de proximidade teñen catro frecuencias ao día en lugar das oito de que dispuñan con anterioridade.

“A xestión que está facendo Renfe da situación é surrealista“, considerou o deputado, que valorou que a firma pública esgrime que desde a finalización do estado de alarma vén adaptando a oferta á demanda real detectada.

Con todo, matizou que a empresa non dispón de revisores que poidan contabilizar o nivel de utilización, polo que estimou que a “cuestión é xustamente ao revés, porque é evidente que é imposible recuperar o nivel de utilización se non hai servizo“.

Fernández apuntou que a situación supón na práctica o illamento das comarcas e concellos afectados ao non dispoñer doutra alternativa de transporte público. Neste sentido, indicou que a problemática “faise máis grave aínda con motivo do comezo do curso lectivo en Secundaria e universidade“.

Ao seu xuízo, a recuperación de frecuencias “resulta neste momento unha necesidade urxente“, polo que instou á Xunta de Galicia a “exercer un papel activo por máis que as competencias sexan do Estado“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...