InicioEconomíaA Xunta, sobre Alcoa: "non contemplamos outro escenario que un acordo"

A Xunta, sobre Alcoa: “non contemplamos outro escenario que un acordo”

Conde resalta que o Goberno autonómico e mailo central están a poñer "todas as facilidades" para que a propietaria venda aluminio a Liberty House

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Industria, o popular Francisco Conde, asegurou sobre o proceso de compra-venda da planta de aluminio de San Cibrao que nin Goberno central nin Xunta de Galicia albiscan “outro escenario que non sexa” que Alcoa, a propietaria, e Liberty House, a potencial compradora, “cheguen a un acordo”.

De non concretarse un pacto antes do 28 de setembro, ese día a multinacional estadounidense e os sindicatos retomarían o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola titular. Alcoa acusou a Liberty House en reiteradas ocasións de frear o proceso con “demandas non razoables”, mentres que comité e sindicatos -CC OO, CIG e UGT- atribúen á propietaria da factoría “mala fe” na negociación, pois entenden que ten a vontade non deixar producir aluminio nas instalacións.

Tras reivindicar que ambas as Administracións poñen a disposición de Alcoa e Liberty “todos os mecanismos facilitadores” para ese fin, pediulles “que acheguen posturas e poidan desenvolver” ese acordo que entende que “é posible”. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...