Astilleros Gondán bota un remolcador rompexeos híbrido

A embarcación, que realizará tarefas de escolta e remolque costeiro, terá a súa base no porto sueco de Lulea

Acto de botadura do remolcador nas instalacións do astaleiro en Figueras

Astilleros Gondán botou este luns en Figueras un remolcador rompexeos que operará no porto sueco de Lulea.

A embarcación, construída para realizar tarefas de escolta, asistencia ou remolque costeiro, será capaz de romper masas de ata un metro de xeo a unha velocidade de tres nos, segundo destaca a empresa que puxou por este contrato internacional en novembro pasado.

MOTOR HÍBRIDO

O buque estará equipado cun sistema de propulsión híbrido con motores diesel e xeneradores e batería de almacenamento de enerxía.

A empresa destaca que se trata da embarcación máis potente do mundo nas súas características. No seu comunicado apunta que o barco, de 36 metros de eslora, terá capacidade para remolcar unhas 100 toneladas.

O pasado mes de setembro, a compañía entregaballe a un armador noruego  unha embarcación construída para traballar en labores de mantemento en parques eólicos instalados en augas do Reino Unido.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here