InicioEconomíaO comité ve o ERE ilegal e esixe ao Goberno a intervención...

O comité ve o ERE ilegal e esixe ao Goberno a intervención da planta

Os sindicatos consideran que "queda claro que existen outras opcións" ao despedimento colectivo e atribúen a Alcoa unha "premeditación absoluta" para pechar a fábrica de aluminio

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, asegura que o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) ou o Expediente de Regulación de Emprego Temporal (Erte) que pretende aplicar a multinacional, e que podería deixar na rúa a máis de medio milleiro de traballadores da planta de aluminio primario, ademais do despedimento doutros 400 empregados de auxiliares, é de xeito evidente “ilegal“, porque a compañía negouse a vender a fábrica ata ao propio Goberno de España.

En declaracións a Efe, antes das dúas reunións nas que participará hoxe cos representantes de Alcoa, Zan indicou que a postura da empresa en relación coa posibilidade de que fose o propio Goberno o que adquirise a fábrica a través da SEPI é “a pinga que colma o vaso”.

“Non é que exista mala fe, é que existe unha premeditación absoluta por parte de Alcoa para pechar a planta”, defendeu Zan, porque “o Goberno di que intentou comprar a fábrica pero a multinacional non lla quixo vender”.

Nese sentido, recordou que “esa fábrica e outras moitas lle foron regaladas a Alcoa” no seu momento, e que “a propia SEPI, o seu presidente, recoñeceu que a venda fora un negocio ruinoso” para o país.

“O ESTADO TEN QUE ACLARAR SE NUNHA DEMOCRACIA MANDAN OS CIDADÁNS OU AS MULTINACIONAIS”

“Agora resulta que non lla quere vender nin ao propio Goberno. Isto é faltarlle ao respecto a toda a democracia en España”, subliñou Zan, quen insta á vicepresidenta Teresa Ribera e ao presidente do Executivo central, Pedro Sánchez, a “tomar a decisión” de intervir xa a planta.

Tamén lle reclamou á Administración que realice as xestións necesarias para declarar “ilegal” o ERE, porque neste caso “quedou claro que existen outras opcións” ao despedimento colectivo de 534 traballadores na planta de aluminio primario e á perda do emprego na industria auxiliar.

“Teñen que tomar unha decisión e aclarar se nunha democracia mandan os cidadáns ou mandan as multinacionais”, porque “socialmente ninguén pode entender o que está sucedendo”.

OS SINDICATOS TEÑEN “UN MANDADO DA ASEMBLEA: NIN ERE NIN CUBAS”

En canto á postura que manterá o comité na reunión con Alcoa, que empezará ás 12.00 horas en Nigrán, no Pazo de Cea, apuntou que os representantes do persoal teñen “un mandato claro da asemblea de traballadores”.

“Todas as partes coñecen a nosa postura. Non imos aceptar ningún ERE nin que se paren as cubas. Defenderemos que se manteña o 100% da produción e os postos de traballo”, puntualizou.

E agora, concluíu Zan, “é hora de que as Administracións cumpran co que están dicindo e interveñan xa a empresa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...