InicioEconomíaAvaría en Foz o único tren diario que conecta Ferrolterra, A Mariña...

Avaría en Foz o único tren diario que conecta Ferrolterra, A Mariña e Asturias

Só este convoi presta o servizo diariamente na zona cantábrica desde a supresión do 75% dos horarios da liña Ferrol-Ribadeo, cando o estado de alarma

Publicada o

- Advertisement -

A unidade que cubría o único servizo diario de tren Ferrol-Ribadeo -que continúa cara Oviedo– avariou este mércores en Foz, segundo confirmou a través das redes sociais a plataforma na defensa do ferrocarril que conecta o norte de Galicia e Asturias.

O convoi, que parte ás 8.20 da cidade ferrolá, avariou a metade de camiño, sobre as 11.30 horas, e os pasaxeiros tiveron que ser trasladados ao seu destino en autobús. A indencia tamén supuxo a parada do tren que circula, a partir das 7.30 horas, desde Asturias cara Ferrolterra, e que debeu deterse en Ribadeo.

Os usuarios de tren veñen denunciando desde hai anos “o abandono” do servizo, con constantes avarías que conlevan atrasos ou supresións, unha situación á que se engade a redución de frecuencias que Renfe mantén desde o estado de alarma, cando suprimiu tres dos catro horarios diarios da liña Ferrol-Ribadeo.

Renfe condicionou “ao aumento da demanda” a recuperación dos horarios, o que os usuarios do ferrocarril ven imposible sen frecuencias “básicas” e suficientes, de ida e volta, para garantir a posibilidade de desprazarse ao lugar de traballo, estudo ou centro médico, unha dificultade que se agrava cos fallos técnicos da maquinaria pola “falta de mantemento”.

A plataforma, que mantén unha recollida de sinaturas en change.org pola restitución dos horarios suprimidos, lembra que Renfe “cobra do Estado as denominadas Obligacións de Servizo Público (OSP); é decir, o Estado ingrésalle cartos por prestar servizo en zonas que non teñen alternativa de transporte, das que se resta o importe dos billetes emitidos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...