InicioEconomíaObreiros de Alcoa bloquean a saída de aluminio á espera de reunirse...

Obreiros de Alcoa bloquean a saída de aluminio á espera de reunirse con Xunta e Goberno

Os traballadores revisan o material que entra a fin de que non se poida usar para unha hipotética parada das cubas

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Traballadores da metalúrxica de San Cibrao, no municipio lucense de Cervo, propiedade da multinacional Alcoa, mantéñense acampados nas inmediacións do complexo industrial e bloqueando os dous principais accesos, permitindo a entrada de materia prima para manter a produción e o funcionamento das cubas de electrólise, pero impedindo a saída do aluminio producido na fábrica.

En declaracións a EFE, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, asegurou que os traballadores teñen vontade de volver traballar e “solucionar o problema” da factoría, que Alcoa podería pechar e despedir aos empregados.

#AMariñaEstáEnLoitaRetencións na entrada de #Alcoa #SanCibrao. #AlcoaNonSePecha #SinIndustriaNoHayFuturo…

Publicada por Rebelión Aluminio en Miércoles, 30 de septiembre de 2020

Zan recoñeceu que esa solución pode chegar por unha vía “amistosa ou menos amistosa“, pero de momento, precisou, “continuamos en pé de guerra”, porque “Alcoa ten que reflexionar e pensar que non pode afundir unha comarca por caprichos e decisións unilaterais”.

O comité informa e revisa todo o que entra e sae da fábrica, a fin de evitar que entre calquera tipo de material que se poida usar para unha hipotética parada de cubas.

#AMariñaEstáEnLoita Piquetes informativos na entrada a planta de #Alcoa en #SanCibrao. Informan da situación xs…

Publicada por Rebelión Aluminio en Miércoles, 30 de septiembre de 2020

A dirección de Alcoa, tras concluír sen compromiso a negociación de sobre unha suspensión de contratos ou Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) coa representación dos traballadores, dispón agora un prazo de quince días para decidir sobre o despedimento colectivo de 534 traballadores da planta de aluminio primario, unha medida que suporía ademais a perda doutros alomenos 400 empregos na industria auxiliar, segundo estiman os sindicatos.

Á ESPERA DUNHA CITA COAS ADMINISTRACIÓNS

Pola súa banda, o comité está á espera da convocatoria dunha reunión con representantes da Xunta e do Goberno central para examinar a postura das Administracións públicas, que podería celebrarse durante o fin de semana ou o luns, segundo Zan.

INICIATIVA EMPRESARIAL DO NOROESTE: “ALCOA QUERE DEIXAR TERRA QUEIMADA”

A entidade Iniciativa Empresarial do Noroeste lamentou este xoves “profundamente a cerrazón” de Alcoa nas negociacións sobre o futuro da súa planta de San Cibrao e mostrou o seu apoio a Xunta de Galicia e Goberno central “para evitar o peche”.

“Os seus efectos serían dramáticos non só para a comarca da Mariña e Galicia, senón para a industria española”, estimou nun comunicado, no que apuntou que o país “perdería a súa única planta de produción de aluminio primario”.

O seu presidente, Manuel Pérez, afeou “a actitude de Alcoa, que pretende levar á práctica unha táctica de terra queimada para librarse dos competidores no canto de buscar o seu lugar nos mercados internacionais pola vía da optimización da produción e a calidade“.

Por iso, alentou a ambas Administracións a “perseverar e emprender novas accións contundentes que garantan a continuidade da actividade na planta da Mariña”.

Ao mesmo tempo, Pérez alertou da incidencia na Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, “por cuxos peiraos moven as materias primas para os fornos da planta e a alúmina que sae deles”.

Neste sentido, considerou que lle consta que se traballou moito e déronse opcións viables; ata se ofreceu a opción de non vender directamente a planta a Liberty House, senón á SEPI”. Finalmente, sumouse á “unanimidade que existe nesta ocasión” sobre esta problemática.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...