InicioEconomíaDíaz asegura que se "traballa" na opción de expropiar e Feijóo ameaza...

Díaz asegura que se “traballa” na opción de expropiar e Feijóo ameaza a Alcoa cos tribunais

As Administracións aumentan a presión sobre a multinacional para que sente a negociar a venda da planta; "non pode decidir o futuro do aluminio en España", di o presidente da Xunta

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, animou este xoves a “traballar todos xuntos” -Administracións, sindicatos e empresas implicadas- para convencer a Alcoa de que non apague as cubas da planta de aluminio de San Cibrao, xa que a multinacional americana non pode decidir o futuro deste metal en España.

Durante as últimas semanas o grupo británico GFG Alliance tentou, a través dunha das súas empresas, Liberty House, comprar a planta de Lugo, sen que houbese acordo; motivo polo que a multinacional americana reactivou o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) para máis de 500 empregados, un despedimento colectivo que tería un impacto tamén na industria auxiliar, con outros 400 postos de traballo afectados.

“Se hai diferenzas -entre ambas compañías- o lóxico é limalas, non pegar un portazo e apagar as cubas“, indicou Núñez Feijóo en conferencia de prensa.

No caso de que Alcoa apague as cubas “irá aos tribunais” e estará “ante unha responsabilidade histórica“, xa que a planta “non poderá volver operar“, advertiu o dirixente autonómico.

Por este motivo, asegurou Núñez Feijóo, a Xunta comparte as medidas cautelares solicitadas polos sindicatos ante a autoridade xudicial para que Alcoa non pare as cubas.

A XUNTA AVOGA POR “NON TOMAR MEDIDAS PRECIPITADAS” E “DIALOGAR” COA MULTINACIONAL

O presidente galego avogou por manter a colaboración co Goberno central e cos sindicatos, por non tomar “medidas precipitadas” e por ser “dialogante con Alcoa”; aínda que, incidiu, “non podemos en ningún caso (deixar) que Alcoa decida o futuro do aluminio en España”. Le a información completa no Galicia Confidencial.

Por outra banda, nunha entrevista en La Sexta, a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, abriu a porta a unha expropiación da fábrica. “É un caso único, Alcoa resístese a que haxa unha empresa que a substitúa”, expuxo, “porque só ten interese nunha cota de mercado”. Preguntada por esta medida, asegurou que “é posible, e cónstame que o Goberno de España e a Xunta de Galicia traballan para esto”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...