InicioEconomíaA UXT impugna a asamblea que destituíu á súa delegada

A UXT impugna a asamblea que destituíu á súa delegada

De non prosperar o acto de conciliación no Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación, o procedemento resolverase no xulgado do social

Publicada o

- Advertisement -

A Unión Xeral de Traballadores (UXT) presentou este xoves a impugnación da asamblea de traballadoras que destituíu á súa afiliada, Rogelia Mariña, do seu cargo de delegada sindical na fábrica de Sargadelos o pasado 14 de setembro.

O persoal acordara a súa revocación con 45 votos a favor dos 61 emitidos. O sindicato considera que hai razóns para invalidar a reunión e o seu resultado, entre elas que non se lle permitise o acceso á mesma a representantes sindicais. Ademais, entende que o resultado estivo condicionado polo anuncio de 49 despedimentos e a ameaza de peche realizada polo máximo accionista de Sargadelos, Segismundo García.

A UXT pide a restitución de Rogelia Mariña como representante das traballadoras

Nun prazo de 15 días, o Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) convocará un acto de conciliación ao que tamén serán citadas as traballadoras que participaron na votación, como parte interesada no procedemento. A UXT solicitou que o acto se realice na delegación do servizo en Viveiro.

Se non houbese acordo, como agarda o sindicato, que pide a restitución de Mariña, a demanda de impugnación dirimirase no Xulgado do Social.

Doutro lado, a UXT traballa na presentación dunha querela pola vía penal ccontra a dirección de Sargadelos polos feitos acontecidos durante o conflito laboral iniciado o pasado 17 de agosto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...