InicioEconomíaCaballero di que o Goberno "actuará" se "hai posibilidades legais" para obrigar...

Caballero di que o Goberno “actuará” se “hai posibilidades legais” para obrigar a Alcoa a ceder a planta

O secretario xeral do PSdeG-PSOE ve "mala fe" na decisión de Alcoa de non vender a fábrica

Publicada o

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, asegurou que o Goberno de España “actuará” se “dentro do interese xeral e do marco legal” hai posibilidades para obrigar a Alcoa, “a través dunha intervención“, a ceder as súas instalacións a un investidor que teña un proxecto viable.

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns coincidindo coa folga indefinida que manteñen os traballadores de San Cibrao, o tamén portavoz dos socialistas galegos na Cámara autonómica, sinalou que se trata dunha “loitaentre o Estado e unha multinacional que, como lembrou, “recibiu millóns de euros” públicos de “forma continua” e que “agora tenta manter” unha “posición predominante“.

“A decisión de Alcoa de non vender a Liberty House faise con mala fe e despois de non cumprir cos requisitos mercantís aos que a empresa se obrigou desde agosto para dar unha solución”, indicou. Os obreiros reivindicaron este luns a expropiación da fábrica. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...