InicioEconomíaLicitadas por un millón novas balizas para avisar de vehículos e do...

Licitadas por un millón novas balizas para avisar de vehículos e do trazado no Fiouco

As obras, cun prazo de execución de seis meses e que afectarán a cinco quilómetros da A-8, aspiran a reducir a 30 metros a distancia de visibilidade que obriga a cortar o tráfico pola néboa

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou este luns de que o Ministerio do Interior vén de licitar un proxecto da Dirección Xeral de Tráfico para aumentar a seguridade viaria na autovía do Cantábrico, a A-8, en condicións meteorolóxicas adversas de néboa densa. Trátase da obra para a instalación de novas balizas detectoras que se colocarán no treito situado entre os puntos quilométricos 545,400 e 549,680.

Rodríguez explicou que a Dirección Xeral de Tráfico dedica 1,02 millóns de euros a este proxecto de instalación de novas balizas detectoras, co que se trata de “reducir o tempo no que se producen os cortes de circulación” por motivos de seguridade na autovía, é “complementaria” do “innovador proxecto” no que traballa o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a selección do sistema antinéboa.  O prazo de execución é de seis meses.

Segundo expón o Executivo estatal, preténdese que as balizas “permitan diminuír a 30 metros a distancia de visibilidade na que é necesario cortar o tráfico pola autovía que actualmente é de 40 metros, o que suporá poder manter máis tempo en servizo a A-8 ao seu paso polo alto do Fiouco. De acordo cos datos históricos dos que dispón a Dirección Xeral de Tráfico, calcúlase que esta medida permitirá gañar aproximadamente un 75% de efectividade da mesma”, argumenta o Goberno central.

As balizas que instalará a Dirección Xeral de Tráfico actívanse ao paso dos vehículos, de xeito que ao ser detectado un acéndese unha luz vermella que segue a súa traza, avisando así da súa presenza aos que poidan circulan por detrás para evitar posibles alcances, e outra luz de cor ámbar delimita o trazado da autovía, o que lles serve de guía aos condutores no momento que a néboa comece a causar dificultades na visibilidade.

A SELECCIÓN DE SISTEMAS ANTI-NÉBOA, EN MARCHA

Pola súa parte, o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana asinou nos últimos meses todos os contratos coas empresas seleccionadas para deseñar o sistema de protección antinéboa da autovía A-8. Na primeira fase do proceso de Compra Pública Innovadora investiranse máis de dous millóns.

A Compra Pública Innovadora desenvólvese en competencia por fases temporais que son de carácter eliminatorio, ata seleccionar as mellores solucións para resolver o problema da néboa; as empresas participantes ofrecerán o deseño, a construción e a experimentación con prototipos de solucións innovadoras para facerlle fronte a néboa nunha zona de proba anexa ao treito da autovía A-8 entre Mondoñedo e A Xesta.

Unha vez validada a tecnoloxía ensaiada, procederase a unha contratación convencional para a construción dos sistemas antinéboa seleccionados.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...