InicioEconomíaXunta e Estado eluden anticiparse a Alcoa e prometen resposta "laboral, administrativa...

Xunta e Estado eluden anticiparse a Alcoa e prometen resposta “laboral, administrativa e xudicial” ao ERE

Conde asegura que as Administracións traballan "en todas as medidas posibles" para frear o despedimento colectivo

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Industria, Francisco Conde, asegurou este martes, trala celebración da mesa multilateral polo futuro da planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao, que as Administracións transmitiron aos traballadores que traballan “en todas as alternativas posibles” para “dar unha resposta administrativa, laboral e xudicial” á posible decisión da multinacional no tocante ao despedimento colectivo que pretende aplicar, e que suporía a perda de máis de 900 empregos entre a factoría e a industria auxiliar.

Ao igual que o Goberno central, o representante da Xunta de Galicia evitou falar en concreto dunha intervención pública da planta, que os traballadores ven como única saída ao conflito laboral en aluminio.

Conde reiterou “o máximo compromiso” co persoal de Alcoa San Cibrao para traballar “nunha resposta coordinada” tanto co Goberno de España como “cos propios traballadores”.

Este mesmo martes, tanto o secretario xeral de Industria, Raül Blanco, como a ministra desa área, Reyes Maroto, insistiron en que se existe evidencia de incumprimentos por parte de Alcoa vanlle solicitar que devolva todas as axudas públicas que recibiu. Os dirixentes do Executivo afirmaron que esperan poder exercer toda a presión posible para que a multinacional estadounidense cambie de actitude e negocie unha venda.

Deste xeito, tanto Xunta de Galicia como Goberno central eluden posicionarse sobre unha posible expropiación, unha vez fracasadas tentativas de compra da planta por parte de Liberty House e da Sepi, cuxas ofertas foron rexeitadas por Alcoa, e agardarán os movementos da multinacional estadounidense, que ten ata o 13 de outubro para comunicar o despedimento colectivo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...