InicioEconomíaO comité de Alcoa ve pechada a alternativa dunha venda e esixe...

O comité de Alcoa ve pechada a alternativa dunha venda e esixe a intervención

Os sindicatos, que manteñen a folga indefinida, reclaman ás Administracións que actúen ante a "mala fe" de Alcoa e a situación de incerteza, "que se fai longa", do persoal

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Os traballadores de Alcoa manteñen a folga indefinida no complexo industrial de San Cibrao, con campamentos que controlan os dous accesos principais da fábrica día e noite, pero aínda que “os ánimos están ben”, o comité de empresa pide que chegue “unha solución dunha vez”, porque a espera faise “longa”.

En declaracións a Efe, o presidente do comité, José Antonio Zan, recoñece que isto xa se fai longo”, logo de moitos meses de mobilizacións para salvar os postos de traballo da planta de aluminio primario, onde a multinacional presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afectaría suporía o despedimento de 534 obreiros da factoría e doutros 400 de auxiliares.

Desde o seu punto de vista, chegouse a un punto no que a única solución para manter a produción e os postos de traballo pasa por unha intervención pública do complexo industrial.

“Teñen que tomar a decisión dunha vez. Que o leven a cabo e que se solucione esta situación”, di Zan, porque a estas alturas está claro que outras vías alternativas están xa pechadas.

Segundo dixo, “a venda directa a Liberty House non vai ocorrer” e Alcoa “pechou tamén o 27 de setembro” a posibilidade “dunha venda á Sepi”.

“Se é posible renovar as negociacións para esa venda á Sepi, descoñecémolo”, engade Zan, quen en todo caso insiste na intervención “por parte do Goberno” pola “mala fe” de Alcoa nas negociacións e como única medida para conservar a produción de aluminio primario no país.

En canto ás mobilizacións, Zan explica que a planta está “funcionando”, porque as cubas non poden pararse, pero “aluminio” para prover aos clientes “non sae nada“.

LOUREIRO CHAMA A PARTICIPAR NA MARCHA DO DOMINGO

O alumnado da Mariña participará o domingo nunha nova protesta. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, animou a través dun comunicado de prensa á comunidade educativa dos centros viveirenses a que participen na manifestación, coa intención de que a asistencia sexa “masiva” para visibilizar o conflito laboral. “O mantemento dos postos de traballo e da produción require da mobilización de todos”, afirmou.

INICIATIVAS DO PSOE NO PARLAMENTO E NO SENADO PARA IMPUGNAR O ERE

Por outra banda, o PSdeG-PSOE anunciou “unha ofensiva” tanto no Parlamento de Galicia como no Senado, para defender e apoiar aos traballadores de Alcoa, e para que o ERE presentado pola empresa sexa impugnado por fraude de lei.

Para os socialistas, coa ruptura unilateral de Alcoa das negociacións para a venda da factoría de San Cibrao a Liberty House, “demostrou que o seu único obxectivo é deslocalizar a produción e deixar sen emprego aos seus traballadores levando á comarca a unha grave situación, tanto económica como social”.

Alcoa está “a manter un comportamento empresarial alleo ás boas practicas, sen indicio de responsabilidade social e merecedor do reproche da cidadanía e das súas institucións”, aseguran.

As iniciativas socialistas, ademais, reiteran a esixencia a Alcoa para que de inmediato reinicie as negociacións para a venda, así como a demanda ao Goberno de España e á Xunta de Galicia para que sigan colaborando e presionando no obxectivo de evitar o peche da planta.

Con esta ofensiva parlamentaria, o partido socialista quere solicitar “o maior apoio político para asegurar que un novo investidor se faga cargo da actual factoría de Alcoa” e asegurar o emprego e un futuro para A Mariña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...