Un novo estudo científico da Universidade de Vigo identifica as áreas percebeiras de Galicia “máis vulnerables” ao cambio climático, co conseguinte aumento da temperatura atmosférica e do mar, e as confrarías con peor capacidade de adaptación ao impacto ecolóxico e económico do mesmo, así como aquelas zonas con “maior potencial de recuperación”. Burela fica entre estas últimas, debido en parte “á gran cantidade de vedas implementadas durante o ano (sete meses), e as pesqueiras do Vicedo e O Barqueiro súmanse para situar A Mariña e a súa contorna entre os “niveis máis baixos” de vulnerabilidade.
A investigación tamén analiza a dependencia económica desta especie, que alcanza os seus valores máximos en Aguiño, Ribadeo, Baiona e Muxía. Le a información completa no Galicia Confidencial.