InicioEconomía'Sen industria non hai futuro', o vídeo co que os obreiros de...

‘Sen industria non hai futuro’, o vídeo co que os obreiros de Alcoa chaman a participar na marcha de Lugo

A peza audiovisual contrapón o anuncio do Xacobeo 2021 coa loita pola continuidade do emprego e a produción de aluminio primario para concluír que non se pode vivir só do turismo

Publicada o

- Advertisement -

Un vídeo realizado por Ilitía Audiovisuais e publicado este venres en redes sociais, baixo o título ‘Sen industria non hai futuro‘, chama a implicarse coa loita dos traballadores para manter o emprego e a produción planta de aluminio de Alcoa, acudindo á manifestación prevista para mañá en Lugo.

A partir dun anuncio do Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia, no que se fai fincapé nos recursos turísticos da comunidade, a peza audiovisual contrapón imaxes tanto da fábrica coma dos distintos actos reivindicativos do persoal para reverter o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola multinacional estadounidense, que suporía o despedimento de máis de 900 obreiros entre a factoría de aluminio e a industria auxiliar. A mensaxe é clara: non se pode vivir só do turismo.

Imaxes de negocios que pechan, das facianas dos obreiros e dos seus familiares, reflicten o drama social que suporía para a comarca a perda da fabricación de aluminio primario, unha industria que deu prosperidade a varias xeracións. O vídeo transmite que ‘só nos podemos evitar o desastre: somos 80.000 almas loitando por ter na Mariña un futuro‘.

Xesús Cageo e Lidia Lestegás son os responsables da peza audiovisual, coa colaboración de Hugo Balseiro, Alberto Burundarena e Felipe Varela. A música é ‘Touch‘, de Lorenn Art, e as imaxes aéreas da planta pertencen a RTVE.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...