InicioEconomíaO persoal de Alcoa concentrarase ante a fábrica este mércores, día da...

O persoal de Alcoa concentrarase ante a fábrica este mércores, día da vista polas medidas cautelares

O TSXG acollerá desde as 9.30 horas o proceso, no que sindicatos, Xunta e Goberno central reclaman que se paralice o despedimento colectivo

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao convocou o vindeiro mércores ao persoal do complexo industrial a unha concentración diante da fábrica, no día no que se celebrará a vista para decidir sobre as medidas cautelares solicitadas para frear o expediente de regulación de emprego (ERE) que a multinacional quere aplicar na planta de aluminio.

Os traballadores, que seguen en folga indefinida e sen deixar saír aluminio do complexo industrial, reuniranse de 13.00 a 15.00 horas no campamento de entrada da fábrica para realizar “unha mobilización sorpresa“, segundo expuxeron os sindicatos a través dun comunicado. Na nota, as centrais piden aos obreiros que respecten as medidas de seguridade, como a distancia interpersoal ou o uso da máscara, a fin de evitar contaxios de Covid-19.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) celebrará o vindeiro mércores a vista, desde as 9.30 horas. Sindicatos (CC OO, CIG e UGT), Xunta de Galicia e Goberno central piden que se pare o despedimento colectivo.

Fontes do comité indicaron que non haberá actos de protesta ás portas do TSXG, porque ata A Coruña só se desprazarán aqueles representantes que foron citados para prestar declaración e algúns compañeiros máis.

Os sindicatos reclamaron no escrito ao TSXG a intervención ou a administración xudicial dos bens produtivos, asumíndose a intervención e administración da planta de aluminio por parte da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) durante o tempo que dure o proceso de impugnación do despedimento colectivo e mentres non haxa sentenza xudicial firme.

E de maneira subsidiaria, que se ordene a Alcoa non executar os despedimentos individuais e, en consecuencia, que non proceda a parar a produción de aluminio na fábrica nin as cubas de electrólise.

No procedemento figuran como demandantes este tres sindicatos e como demandados Aluminio Español S. A. e Alcoa Inespal Coruña S. L..

INICIATIVAS SOLIDARIAS

O vindeiro día 30, os traballadores acudirán ao local do Banco de Alimentos da Mariña, en Foz, para doar cadanseu obreiro unha bolsa de comida non perecedoira. O comité anuncia que no Nadal realizarase unha recollida de alimentos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...