A dirección de Alcoa transmitiu na mañá deste mércores ao comité europeo da empresa a súa intención de pechar das fábricas da Coruña e Avilés.
Fontes sindicais verificaron este anuncio, que confirmou as peores sospeitas, logo de que a multinacional do aluminio citase para unha xuntanza aos comités de empresa das tres plantas españolas -a coruñesa, a avilesina e a de San Cibrao-.
UNS 700 OBREIROS
As plantas de Alcoa en A Coruña e Avilés xuntan entre si a 700 operarios fixos, arredor de 400 en Galicia e 300 en Asturias.
O alto prezo da factura eléctrica, logo da subasta da pasada primavera, e a suba do custo da alúmina, que se multiplicou nos últimos meses, espertaran a inquedanza entre os traballadores.