O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Burela, Basilio Otero, asegurou que o sector afronta campaña de Nadal entre “o medo e a incerteza” no contexto actual de pandemia. “Isto cambia dun día para outro, e así hoxe non estás confinado, pero mañá si que podes estalo”.
A pouco menos de dous meses das festas, tamén se vive con “moito medo”, manifestou, aínda que Otero destaca que a xente, no sector, “está a ser moi responsable”. “Hai que cumprir coa normativa e esperar a que isto pase canto antes”, desexou.
Con todo, o patrón maior burelao comentou que “a campaña de Nadal vai estar moi condicionada polas medidas sanitarias que vaiamos ter”. “Temos moita incerteza e moito medo aos prezos que poidamos conseguir”, dixo.
Otero, que celebrou que “agora xa non temos problemas na subministración de EPIs (Equipos de Protección Individual) nin de máscaras“, concretou, en canto á pandemia e como repercute no sector, que “saíron dúas axudas, do Goberno central e da Xunta aínda que a do Goberno central é bastante complexa para facer as certificacións dalgún documento”, comentou. Le a información completa no Galicia Confidencial.