A empresa Urbas Capital Financiero, centrada sobre todo en mercados inmobiliarios, mercou en Muras uns terreos onde, segundo os seus cálculos, existen reservas de feldespato por valor de 600 millóns de euros. Nun primeiro momento as extraccións de mineral serían de 150.000 toneladas por ano, con ampliación ao medio millón de toneladas tamén por ano. Aínda que de momento nin a empresa nin o Concello falan de datas para o comezo da actividade, un e-mail enviado a Galicia Confidencial asegura que a actividade podería comezar “a finais de 2020 ou comezos de 2021”. Movementos ambientalistas apuntan á política de “Galicia é unha mina” fomentada desde a Xunta de Galicia.
Le a reportaxe completa de Moncho Mariño nesta ligazón do Galicia Confidencial.