InicioEconomíaAlcoa, sobre a proposta de levantar a folga se retira o ERE:...

Alcoa, sobre a proposta de levantar a folga se retira o ERE: “sobre hipóteses non especulamos”

A empresa non entra a valorar o ofrecemento do comité e pon en dúbida as cifras sobre o impacto da folga ofrecidas polos sindicatos, aínda que non concreta a súa estimación

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa garda silencio sobre a proposta do comité de empresa de San Cibrao, que este luns ofreceuse a relaxar ou mesmo levantar a folga indefinida que mantén no complexo industrial de Cervo, se a compañía accede a retirar o expediente de regulación de emprego (ERE) que pesa sobre a planta de aluminio e negociar unha venda da mesma.

Non podemos especular sobre situacións hipotéticas“, aseguraron fontes da empresa, que lembran que “xa houbo un proceso de venda da planta de aluminio”. As Administracións e os sindicatos coincidiron en responsabilizar á “mala fe” de Alcoa do fracaso das conversas coa siderúrxica británica Liberty House, a quen a propietaria das instalacións teima en culpar: “a parte supostamente interesada fixo propostas fóra do mercado e fóra do acordo ao que se chegou cos traballadores” para ampliar o período de consultas do ERE, argumenta. A titular da planta rexeitou tamén unha oferta da Sociedade Estatal de Participacións Insdustriais (SEPI).

Preguntadas polo impacto económico da folga indefinida que mantén o persoal, que os sindicatos cifran en perdas de 50 millóns de euros mensuais, as mesmas fontes cuestionan “de onde proveñen eses datos” pero tampouco ofrecen unha estimación, máis alá de insistir -nunha contía posta en dúbida por Administracións e sindicatos- en que a empresa “perde un millón de euros semanais” coas cubas operativas, tal e como pedían os traballadores, a quenes deu a razón tanto o Consello Galego de Relacións Laborais como o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

MESA MULTILATERAL

Sobre a posibilidade de recorrer ao auto do TSXG sobre as medidas cautelares, Alcoa, que por agora non tramitou cartas de despedimento, insiste en que se está “estudando”.

A multinacional tampouco aclarou se foi convocada á mesa multilateral convocada polo Goberno central para o pasado luns, un punto que non concretou o Executivo central. En principio, a empresa non participará no encontro telemático da vindeira semana con Xunta de Galicia, comité e sindicatos.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...