InicioEconomíaA Xunta descarta a intervención de Alcoa antes do xuízo contra o...

A Xunta descarta a intervención de Alcoa antes do xuízo contra o despedimento colectivo

Conde insiste en que "hai que esgotar todas as vías legais e xurídicas" antes de solicitar a expropiación da planta de aluminio

Publicada o

- Advertisement -

O vicepresidente segundo da Xunta de Galicia, Francisco Conde, asegurou que o Goberno galego “ten claro” que en caso de “situación de non retorno” co despedimento de máis de 500 traballadores da fábrica de aluminio de Alcoa San Cibrao, en Cervo, unha medida que implicaría a perda doutros 400 empregos na industria auxiliar, deberase proceder a unha intervención.

No entanto, avogou por que, antes diso, se esgoten “todas as vías desde o punto de vista legal e xurídico” con respecto ao expediente regulador de emprego (ERE), que será obxecto dun xuízo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o próximo 3 de decembro; á vez que recordou que aínda permanece a man tendida para que a multinacional acceda á venda da planta de aluminio a Liberty House.

A EMPRESA NON CONFIRMOU SE PARTICIPARÁ NA MESA MULTILATERAL, O VINDEIRO LUNS

Neste sentido, Alcoa está chamada polo Goberno central a participar na mesa multilateral que abordará o vindeiro luns -18.00 horas, vía telemática- o futuro da planta de aluminio, xunto a comité de empresa, sindicatos a nivel estatal, Xunta de Galicia e Ministerios de Industria e Transición Ecolóxica.

Todo iso manifestouno Conde durante unha entrevista concedida este domingo a Radio Nacional, na que se reafirmou en que se Alcoa “se segue opoñendo” a todas estas solucións, “chegará o momento da intervención”.

Pero iso sería, matizou o tamén conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, unha vez celebrado este xuízo no que espera “que se poida atender á reclamación dos traballadores e se poida impugnar o ERE”, un asunto no que a Avogacía do Estado e a Asesoría Xurídica da Xuntatraballan conxuntamente“.

“Os traballadores teñen a dúas Administracións defendendo os seus dereitos e non imos deixar, loxicamente, ningunha físgoa para que se logre ese obxectivo final de garantir o mantemento do emprego e da actividade”, sentenciou Conde.

OS OBREIROS PIDEN QUE NON SE DEIXE “UN PROBLEMA POLÍTICO” NA MAN DOS XUÍCES

Os traballadores solicitaron o pasado venres, unha vez máis, ás Administracións que “non deixen un problema político en mans dos xuíces, que non poden ofrecer unha solución” ao conflito laboral.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...