InicioEconomíaO BNG reclamará nas emendas aos orzamentos do Estado 200 millóns para...

O BNG reclamará nas emendas aos orzamentos do Estado 200 millóns para intervir Alcoa San Cibrao

Rego ve "preocupante" que tras rexeitar novamente a empresa unha venta tanto a Xunta como o Ministerio de Industria "se inhiban" de actuar para dar unha "saída política" ao conflito

Publicada o

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anunciou este martes que, entre as emendas que presentará aos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) de 2021, reclamará unha partida de 200 millóns de euros para a intervención da fábrica de Alcoa San Cibrao, en Cervo.

Así o avanzou nunha nota de prensa emitida un día despois de que a multinacional norteamericana reiterase a súa negativa a vender a planta. A xuízo do deputado nacionalista, isto “só deixa a vía da intervención pública para garantir a continuidade da actividade” e de “máis de 1.000 postos de traballo” na comarca da Mariña.

Non en balde, Néstor Rego lembrou que hai semanas o pleno aprobou unha iniciativa do BNG que instaba o Goberno central a iniciar a nacionalización de Alcoa San Cibrao “para salvar os postos de traballo e evitar a parada de cubas“. De feito, votaron a favor os dous socios da coalición estatal, PSOE e Unidas Podemos, e o PP, partido que goberna a Xunta de Galicia.

Coa vista posta no xuízo sobre o despedimento de 524 traballadores que se celebrará o 3 de decembro no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Rego volveu a advertir que a solución ao peche “non virá da man” da xustiza, polo que tachou de “preocupante” que tanto a Xunta como o Ministerio de Industria “se inhiban” de actuar para dar unha “saída política” ao conflito.

Finalmente, tras recalcar que a intervención é “a única” vía posible chegado este punto, o representante do BNG no Congreso instou a ambas as Administracións a porse de acordo para actuar da forma máis “inmediata” posible para que a intervención se materialice.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...