InicioEconomíaTodas as miradas no xuízo do ERE de Alcoa: "despois o escenario...

Todas as miradas no xuízo do ERE de Alcoa: “despois o escenario vai cambiar moito”

O comité expón que se a multinacional gaña o preito poderá "tentar a parada das cubas", pero de non ser así reflexionará "sobre se lle convén un litixio tan longo no tempo"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, sostén que o “escenario vai cambiar moito despois do día 3 de decembro”, cando se celebrará no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o xuízo pola demanda presentada ao proceso de despedimento colectivo iniciado pola multinacional e que podería deixar na rúa a 524 traballadores da fábrica de aluminio e, dun xeito indirecto, a outros 400 empregados da industria auxiliar.

Segundo Zan, se antes non existe unha decisión política ou un acordo para a venda da fábrica por parte de Alcoa, a multinacional podería “despedir a todos” os traballadores se “a sentenza élle favorable” e “tentar” o apagado das cubas na fábrica de aluminio primario, o que suporía a morte do complexo industrial.

“A posición dos traballadores tamén sería moi diferente”, recoñeceu Zan, se a sentenza resulta favorable aos seus intereses, porque “se se declara a nulidade do ERE a empresa non podería presentar nada máis no prazo dun mes” e, ademais, un novo revés xudicial podería levala a reformularse se “realmente quere manterse nun litixio” tan prolongado no tempo.

CONTINUARÁ A FOLGA COMO MEDIDA DE PRESIÓN

Á espera desa decisión xudicial, o comité confirma que manterá a folga indefinida que xa lle provocou a Alcoa, segundo os seus cálculos, unhas perdas que superan os cincuenta millóns de euros, dado que non se permite desde principios de outubro a saída do aluminio fabricado en San Cibrao.

“Estamos á espera do xuízo”, recoñeceu Zan a Efe, e á “expectativa” de que o Goberno e Alcoa se poidan “sentar nunha mesa e retomar as negociacións” para a venda da fábrica, esta vez si, á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).

INSTA Á EMPRESA A NEGOCIAR E AO GOBERNO A “POSICIONARSE” DE CARA A UNHA POSIBLE INTERVENCIÓN

“Se Alcoa di que está disposta a dialogar, que o faga. Que se sente a negociar e que trate de limar eses puntos de discordia que impiden alcanzar un acordo. Que falen para ver ata onde se pode chegar”, insistiu.

En canto á postura da Administración, valorou a “liña vermella” marcada “polo presidente da Xunta”, que non contempla “outro escenario” que non sexa manter a fábrica de Alcoa en funcionamento e producindo aluminio, pero espera que o Goberno “se sitúe” tamén, porque non pode seguir convocando reunións “para non dicirnos nada”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...