IniciosociedadeAutónomos e pemes de Cervo teñen ata o 14 de decembro para...

Autónomos e pemes de Cervo teñen ata o 14 de decembro para pedir as axudas á actividade económica

O Concello destinará 90.000 euros ás subvencións, cun máximo de 850 euros por solicitante

Publicada o

- Advertisement -

O BOP (Boletín Oficial da Provincia) publicará mañá venres as bases das axudas para a reactivación económica e social que o Concello de Cervo, a través da delegación de Facenda, deseñou co obxectivo de “botar unha man a todas as persoas traballadoras autónomas do municipio sen excepción, tanto se se viron obrigados ao peche pola crise sanitaria como se puideron seguir abertos e/ou producindo pola natureza da actividade que desenvolven”; incluíndo aos sectores agrario e pesqueiro.

O rexedor cervense, Alfonso Villares, e a edil de Facenda, Dolores García Caramés, explican que “durante este tempo estivemos perfilando con detalle esta liña de axudas á que se poderán adherir ata o día 14 de decembro incluído”.

Reserváronse 90.000 euros do orzamento municipal e cada persoa autónoma recibirá un mínimo de 100 euros e un máximo de 850, en función de factores como a posesión ou non de establecemento físico para o exercicio da súa actividade ou o número de empregados; unha axuda que tamén pretende ser un estímulo para incentivar a actividade no municipio.

O PERÍODO SUBVENCIONABLE ABRANGUE DO 15 DE MARZO AO 15 DE NOVEMBRO

O plan suporá un incentivo de 100 euros para todas as persoas  emprendedoras con ou sen local, unha contía á que sumarán 200 euros se dispón de local; e 200 euros máis se ten entre dous e cinco traballadores; ou ben 550 euros se emprega a máis de cinco persoas operarias; o que sumaría a contía máxima de 850 euros a recibir. O período subvencionable á hora de xustificar a axuda abrangue desde o 15 de marzo ata o 15 de novembro.

Villares e García Caramés remarcan que “non queriamos deixar fóra a ninguén, conscientes dos momentos tan delicados que están a padecer as persoas emprendedoras de Cervo polas consecuencias desta pandemia que golpeou e golpea a moitos sectores”.

Desde o Concello insisten na importancia de consumir nos establecementos das nosas vilas, máxime “nestes intres nos que a empatía e a solidariedade son fundamentais para saír adiante”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...