InicioEconomíaComeza a campaña do boi e da centola na Mariña luguesa

Comeza a campaña do boi e da centola na Mariña luguesa

A cota máxima de captura para cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, así como outros 35 quilos diarios por cada tripulante a bordo

Publicada o

- Advertisement -

Este luns queda aberta a campaña extractiva da centola e o boi na Mariña luguesa, segundo informou a Consellería do Mar, que dá luz verde á recollida destas especies na zona comprendida entre Estaca de Bares (na Coruña) e o río Eo, ría do Barqueiro incluída.

Deste modo, a frota dedicada a estas especies poderá saír a faenar xa na madrugada do luns e levar as capturas para a súa venda nas lonxas da mañá.

Queda así aberta a campaña para todo o litoral galega, xa que a extracción na costa coruñesa e nas Rías Baixas xa está autorizada dende o 9 de novembro. Manterase activa, tanto na zona norte coma na sur, ata que o determine o correspondente plan de xestión.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, ao que se engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base en Galicia, así como aquelas con porto base noutras comunidades pero que conten con permisos especiais de pesca para faenar en augas galegas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...