InicioEconomíaO sector pesqueiro da Mariña ve con "preocupación" o Nadal e pide...

O sector pesqueiro da Mariña ve con “preocupación” o Nadal e pide consumir “produtos de proximidade”

As confrarías temen unha caída das vendas pola situación da hostalería, xa que "non haberá ceas de empresa" nin tampouco "reunións familiares con normalidade"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Burela, Basilio Otero, asegurou este xoves que o sector ve con “preocupación” a campaña de Nadal e animou á xente a consumir “produtos de proximidade”, neste caso da Mariña.

Este “medo”, segundo indicou, vén provocado, nunha “parte moi importante” pola situación pola que atravesa a hostalaría. “Non vai haber ceas de empresa, onde se consumía moito peixe e marisco. Non vai haber reunións familiares normais. Hai moita incerteza (no sector)”, sinalou.

En canto ás axudas, Otero lembrou que teñen “varias subvencións concedidas”. “Ademais a Xunta ten algunha (axuda) e o Goberno central tamén”, constatou. Sexa como sexa, o presidente da Confraría de Pescadores de Burela avanza que “haberá que esperar” a ver como evoluciona este mes de decembro para pedir máis apoios que irán en consonancia á evolución da campaña. Le a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...