InicioEconomíaO BOE publica a regulación dos dereitos de emisión de CO2 ata...

O BOE publica a regulación dos dereitos de emisión de CO2 ata 2030, “básicos” para as electrointensivas

A planta de aluminio, que Alcoa quere pechar, recibiu 22 millóns de euros por estes conceptos, mentres que a refinería de alúmina percibiu outros dous millóns

Publicada o

- Advertisement -

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este xoves o decreto (BOE-A-2020-15876) polo que se desenvolven aspectos relativos ao axuste da asignación gratuíta de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro no período 2021-2030.

Este decreto, do Ministerio para a Transición Ecolóxica o Reto Demográfico, establece as condicións para acceder a estes dereitos “básicos” para a supervivencia da industria electrointensiva, segundo destaca o presidente do comité de empresa de Alcoa en Cervo, José Antonio Zan.

Zan lembra que o ano pasado a multinacional do aluminio, que quere pechar a planta de aluminio da Mariña, recibiu 22 millóns de euros por estes conceptos, mentres que a fábrica de alúmina, tamén en San Cibrao, percibiu outros dous millóns.

Tras anunciar a ministra que este mes o Goberno prevé aprobar o estatuto para a industria electrointensiva (pendente desde hai arredor de dous anos), o representante dos traballadores remarca que o prioritario é “dar viabilidade” á factoría, á que a compañía quere aplicar un despedimento colectivo para 524 empregados, que afectaría a outros alomenos 400 empregos da industria auxiliar, segundo a estimación dos sindicatos.

Ese futuro pasa, segundo o comité, por unha solución “política” que implique ou ben a intervención pública ou ben a venda a outro investidor interesado na fábrica.

A partir de aí, Zan reclama “o máximo” das compensacións por emisións de dióxido de carbono, que, explica, buscan evitar a competencia desleal con industrias doutros países.

Á ESPERA DA SENTENZA

Neste contexto, o persoal mantense á espera da sentenza que emitan os maxistrados, despois de que se celebrase o xuízo pola demanda contra o expediente de regulación de emprego (ERE) para a planta de aluminio.

Neste escenario prosegue a folga coa que os traballadores bloquean a saída de aluminio, e tamén persiste a medida cautelar adoptada polos tribunais, que impide a Alcoa parar as cubas de electrólise.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...