InicioEconomíaAlúmina e Aluminio están libres de Covid-19, con catro obreiros en corentena

Alúmina e Aluminio están libres de Covid-19, con catro obreiros en corentena

O comité fai fincapé en evitar contaxios para coidar das instalacións, no contexto do conflito laboral entre o persoal e a multinacional tras presentar a empresa un ERE

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao confirmou este venres que non hai positivos activos de coronavirus entre o persoal de Aluminio nin tampouco de Alúmina, con catro traballadores en corentena, dous por planta.

Así o expuxeron os sindicatos trala reunión mantida polos delegados de prevención cos representantes da empresa. O organismo de representación dos traballadores fixo fincapé na necesidade de previr contaxios como mellor forma de coidar as instalacións e evitar unha parada de cubas, no contexto do conflito laboral que persoal e Alcoa están inmersos, logo de que a multinacional presentase un expediente de regulación de emprego (ERE) que podería supoñer máis de 900 despedimentos entre a fábrica de aluminio e a industria auxiliar, e que foi impugnado polos sindicatos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Deste xeito, as centrais optaron por reducir o número de persoas que participan no campamento de folga indefinida, a fin de comprobar que non sae aluminio do complexo industrial, no que traballan máis de 1.100 persoas.

OS OBREIROS SOLICITAN PODER XANTAR NO COMEDOR

O comité expón que durante a xuntanza solicitou que a apertura do comedor non se limite á recollida de comida, senón que se poida xantar presencialmente, “dado que se tomaron medidas de distanciamento e mamparas de protección que evitan os contaxios por Covid-19“.

O persoal tamén pide “a amplicación do aforamento mediante a apertura do comedor de visitas e a colocación de carpas auxiliares”.

No tocante ao uso do tipo de máscaras propostas, repartíronse 50 en cada planta de San Cibrao, e despois dunha enquisa positiva Alcoa estuda implantar este modelo en todo o complexo industrial; a empresa accedeu á dotación de salvaorellas. Os traballadores, indican, tamén solicitaron dosificadores de hidroxel con medidor de temperatura.

Finalmente, no que atinxe ás máquinas de vending e auga, están de novo operativas, aínda que non por agora as de café.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...