InicioEconomíaFeijóo, sobre Alcoa: "non imos consentir un ERE porque unha empresa non...

Feijóo, sobre Alcoa: “non imos consentir un ERE porque unha empresa non queira vender activos”

Indalecio Seijo tomou posesión da presidencia da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao

Publicada o

- Advertisement -

Indalecio Seijo asumiu este venres, ante o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entre outras autoridades, a presidencia da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, que erixiu “nun dos principais motores socioeconómicos” da cidade ferrolá e marcouse varios retos, como traballar para concluír o acceso ferroviario a Caneliñas.

Tamén garantiu que centrará os seus esforzos en favorecer a ampliación da terminal de contedores, completar a reordenación de usos portuarios, profundar na política de diversificación de tráficos, renovar a fachada marítima, visibilizar a transcendencia da actividade portuaria no desenvolvemento do Ferrol do futuro, e polo futuro da Mariña “en tan crítico momento“.

E entre os seus retos situou tamén o de “seguir impulsando as relacións desta institución coa Armada, con Navantia, coa Universidade e co Concello“.

“O diálogo e a acción conxunta das diferentes Administracións deben conformar o alicerce fundamental sobre o que asentar a transformación económica e social que Ferrol necesita. Traballarei por iso, e creo que conto cun gran equipo”, apostilou.

Para rematar, remarcou que nos seus 38 anos de vida laboral “sempre lle guiou “unha máxima”, que é “un gran respecto ao gasto público”. “Seguirá sendo o meu principal mandamento”, dixo.

A XUNTA, “MOI PENDENTE DE ALCOA”

Feijóo tamén aludiu á finalización das obras do tren a Caneliñas como un dos retos clave do novo presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, para contar cun porto exterior finalizado, con accesos viarios e ferroviarios.

Do mesmo xeito que incidiu na necesidade de diversificar os tráficos para superar a baixada das importacións de carbón; e a renovación da fachada marítima coa rehabilitación dos edificios de Aduanas e Comandancia.

Así mesmo, remarcou que a Administración autonómica está “moi pendente” de Alcoa, á espera de coñecer a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre a impugnación do Expediente de Regulación de Emprego (ERE). “Estamos convencidos de que nos asiste a razón”, abundou, antes de recalcar que o Goberno galego “non vai consentir despedimentos porque haxa unha empresa que non quere vender os seus activos”.

Ao tempo, volveu a esgrimir que, si as portas do diálogo seguen pechadas, non haberá outra posibilidade que “a intervención de Alcoa por parte das autoridades do Estado”.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego recoñeceu o labor das institucións portuarias durante a pandemia e destacou a súa importancia estratéxica no novo contexto da reconstrución económica.

RÉCORD DE TRÁFICO DE MERCANCÍAS

Neste sentido, aproveitou o acto para agradecer o traballo do presidente saínte José Manuel Vilariño, reflectido no esforzo por deixar unha Autoridade Portuaria “con máis capacidade para facer fronte aos desafíos do futuro”.

Así, enfatizou os récords de tráfico de mercancías, como o alcanzado en 2018, con 13,7 millóns de toneladas; a entrada en funcionamento da terminal de contedores do porto exterior de Caneliñas, con tres liñas regulares xa operativas; a remodelación completa da lonxa de Curuxeiras ou a incorporación do antigo edificio de Aduanas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...