InicioEconomíaMaroto anuncia que o Goberno aprobará este martes o estatuto das electrointensivas

Maroto anuncia que o Goberno aprobará este martes o estatuto das electrointensivas

Descoñécese o contido do documento, considerado chave para o futuro do complexo industrial de San Cibrao, e anunciado polo Executivo central desde hai case dous anos

Publicada o

- Advertisement -

O Goberno central levará mañá, martes 15 de decembro, o estatuto do consumidor electrointensivo ao Consello de Ministros, segundo adiantou a ministra de Industria, a socialista Reyes Maroto, a través de Twitter. Así, asegurou que desde o 1 de xaneiro de 2021 terase “un marco necesario de certeza e seguridade” no tocante ao prezo da enerxía eléctrica “para garantir as capacidades produtivas das empresas e trazar os seus proxectos de investimento”.

O documento, considerado chave para o futuro do complexo industrial de San Cibrao, chegará despois de case dous anos de prazos incumpridos por parte do Executivo central.

Por agora, Maroto só confirmou que se beneficiarán do estatuto “máis de 600 empresas e 300.000 traballadores”. Descoñécese o contido do mesmo e se o Executivo central aceptou as alegacións formuladas tanto polos sindicatos de Alcoa San Cibrao como polas comunidades autónomas de Galicia, Asturias e Cantabria.

A necesidade dun marco estable, precedible e duradeiro no tempo, para o prezo da enerxía é unha das principais demandas da industria electrointensiva, especialmente na planta de aluminio de San Cibrao, onde Alcoa presentou un expediente de regulación de emprego (ERE) que foi impugnado polos sindicatos e sobre o que se agarda resolución por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...