A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, asegurou este mércores que Goberno central baralla recorrer o Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) de extinción que Alcoa presentou para dúas das súas tres fábricas españolas, as de Avilés e A Coruña.
Segundo o Executivo, o documento presentados pola multinacional do aluminio contén “erros”, de xeito que alegar premitiría “gañar tempo” para que “inversores internacionais” podan presentar ofertas polas plantas
O comité europeo xa anunciou o pasado luns a presentación dunha demanda ante os tribunais holandeses porque Alcoa “incumpriu” o período de consultas preceptivo que establece o regulamento.
O 8-N, REUNIÓN COAS AUTONOMÍAS
A ministra confirmou tamén que o 8 de novembro haberá unha xuntanza cos presidentes da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e do Principado de Asturias, Javier Fernández, para “coordinar actuacións”.
MESA DE TRABALLO COS SINDICATOS
A representante do Goberno español asegurou que os comités de empresa das plantas que Alcoa prevé pechar fixeron chegar ao Ministerio unha proposta para a constitución dunha mesa de traballo, para “coñecer de primeira man” a información relativa ao conflito laboral nas fábricas.