O Ministerio de Industria convocou de urxencia para o vindeiro luns, 28 de decembro, a mesa multilateral polo futuro da planta de aluminio de Alcoa en San Cibrao. Será por videoconferencia e a partir das 18.30 horas.
A convocatoria prodúcese despois de que Alcoa anunciase publicamente que recorrerá ante o Supremo a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que decreta a nulidade do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado na fábrica. Unha decisión que multinacional toma malia as peticións de Administracións e sindicatos de que se abra a negociar unha venda das instalacións, co ofrecemento por parte do comité de empresa de levantar a folga idefinida no complexo industrial se así o fai.