InicioEconomíaO comité de Alcoa cre que a solución chegará "moi pronto", pero...

O comité de Alcoa cre que a solución chegará “moi pronto”, pero lembra que ten que estar “por escrito”

"Optimismo moderado" entre os sindicatos, que están citados o vindeiro xoves para reunirse con Alcoa tras anunciar a multinacional que negociará coa SEPI a venda da planta

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa en Cervo cre que a solución para a planta de aluminio da Mariña chegará “moi pronto”, pero avoga por manter un “optimismo moderado” ata que estea plasmada “por escrito”.

Así se pronunciou este martes o presidente do comité, José Antonio Zan, tralo anuncio da multinacional de que retomará as negociacións para a venda da fábrica de aluminio á sociedade estatal de participacións industriais (SEPI).

Afrontando con “moi boa perspectiva” a reunión á que os traballadores foron convocados o vindeiro xoves, 7 de xaneiro, Zan apostou por un “optimismo moderado”, ata que esa “solución” que “probablemente” chegará “moi pronto” estea plasmada “por escrito”.

ENTREGA DE XOGUETES E COMIDA AO BANCO DE ALIMENTOS

Na véspera de Reis, durante unha entrega de xoguetes e comida no banco de alimentos de Foz, o presidente do comité valorou que os traballadores deron “moitos pasos” e “nunha boa liña”, e avogou por “seguir loitando”.

POSTERIOR VENDA A LIBERTY

Neste contexto, opina que a venda á SEPI será “o paso previo para a posterior venda a Liberty House” e estima que a compañía non cometerá nesta ocasión os “mesmos erros” que no pasado, cando a operación quedou bloqueada e non chegou a bo porto.

Segundo precisa, as negociacións no anterior periodo que concluíu o 27 de setembro quedaron próximas a un acordo: “Había 20 millóns de diferenza, co cal non é nada falando desta fábrica de San Cibrao que move ao ano 700 millóns de euros“, finalizou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...