InicioEconomíaCC OO non comparece na conciliación por conflito colectivo en Sargadelos

CC OO non comparece na conciliación por conflito colectivo en Sargadelos

No acto, que rematou sen acordo, faltou o único sindicato con representación na empresa e a CIG adheriuse á reclamación da UXT

Publicada o

- Advertisement -

Como se esperaba, o acto de conciliación convocado para este venres en Viveiro pola demanda da UXT contra Sargadelos por conflito colectivo non foi frutífero e o asunto resolverase pola vía xudicial.

O sindicato demandou á empresa por non respectar o convenio no tocante ás remuneracións das 49 traballadoras que entraron a traballar ao longo do último ano e medio.

O Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) citou á dirección da empresa, á CIG, a CC OO e á Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

A CIG, sindicato que -ao igual ca UXT logo da revocación de Rogelia Mariña– non conta con representantes na fábrica cervense, adheriuse á reclamación interposta pola central socialista.

Pola súa banda, CC OO, que copa a representación na planta de Cervo con tres afiliadas, non se presentou ao acto de conciliación.

SENTENZA

A UXT reiterou que presentará un recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia trala sentenza do Xulgado do Social número 2 de Lugo que dá a razón á empresa no pleito por vulneración da liberdade sindical.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...