InicioEconomíaOs avogados dos sindicatos analizan "con cautela" a contraproposta porque Alcoa non...

Os avogados dos sindicatos analizan “con cautela” a contraproposta porque Alcoa non desistiu do ERE

Zan insta a ter "moito coidado" cos pasos que se dan posto que a multinacional recorreu o despedimento colectivo ante o Supremo

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, explicou que “os avogados” dos sindicatos están analizando con “cautela” a contraproposta que a representación dos traballadores presentaralle á multinacional para tratar de buscar un acordo que permita a desconvocatoria da folga indefinida e o inicio da negociación para a venda da planta.

“Estamos estudando a proposta da empresa”, dixo Zan a EFE, e ao mesmo tempo “os avogados están analizando tamén a contraproposta” aprobada onte polo comité en pleno extraordinario.

O presidente do comité precisou que esa “cautela” é necesaria, porque a “empresa non desistiu do proceso de Expediente de Regulación de Emprego (ERE)” presentado en aluminio; o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou nulo o despedimento colectivo pero Alcoa tramitou un recurso de casación. A próxima batalla legal podería librarse no Tribunal Supremo se finalmente non chega o esperado acordo para reiniciar a negociación de cara a unha posible venda da fábrica de aluminio primario, a única de España.

“Temos que ter moito coidado en relación nas propostas que facemos”, insistiu Zan, porque os traballadores non deben “demostrar mala fe” en ningún momento da negociación. “Estudaremos moi ben cada proposta que presentemos”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...