InicioEconomíaO comité presenta hoxe a Alcoa a súa contraproposta

O comité presenta hoxe a Alcoa a súa contraproposta

Sindicatos e multinacional tentarán pechar un acordo de "paz social" que permita iniciar unha negociación de venda da planta de aluminio

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O comité de empresa de Alcoa San Cibrao confirmou que hoxe lle presentará á dirección da compañía a súa “contraproposta” para tratar de pechar un acordo que permita a desconvocatoria da folga indefenida que comezou a principios de outubro e que xa provocou perdas no complexo industrial superiores aos 10 millóns de euros, segundo cálculos da propia multinacional.

Estaba previsto que esa reunión, que se celebrará como as últimas de forma telemática, comezase a partir das dez e media da mañá, coa participación do comité de empresa, representantes dos sindicatos e a propia dirección de Alcoa.

Esa “contraproposta” é a resposta da representación dos traballadores, aprobada polo comité de empresa en pleno extraordinario, á “proposta definitiva” presentada por Alcoa para pechar ese acordo.

De feito, Alcoa establecía como condición que, “de aceptarse o acordo” debera “ser asinado por todos e cada un dos membros do comité de empresa e das seccións sindicais con representación no comité”.

Con todo, tras analizar a formulación da empresa e a súa proposición de acordo, o comité tomou a decisión de elaborar unha contraproposta, que os avogados dos sindicatos analizaron con “cautela”.

O presidente do comité, José Antonio Zan, precisou que esa “cautela” é necesaria, porque a “empresa non desistiu do proceso de ERE” e a próxima batalla legal podería librarse no Tribunal Supremo si finalmente non chega o esperado acordo para reiniciar a negociación de face a unha posible venda da fábrica de aluminio primario.

“Temos que ter moito coidado en relación ás propostas que facemos”, insistiu Zan, porque os traballadores non deben “demostrar mala fe” en ningún momento da negociación.

A paz social é unha das condicións que puxo a dirección de Alcoa para reiniciar o proceso de negociación de face a unha posible venda da fábrica de aluminio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...