InicioEconomíaReclaman a conexión da Mariña por tren con Lugo e desde a...

Reclaman a conexión da Mariña por tren con Lugo e desde a capital provincial con Santiago

Unha plataforma cidadá critica que desde 1981 "nada se fixo" por concretar "un ferrocarril galego"

Publicada o

- Advertisement -

A plataforma cidadá Lugo Non Perdas O Tren reclamou, a través dun comunicado de prensa, a conexión por tren dos portos da Mariña coa capital provincial e con Santiago de Compostela. “Os peiraos lucenses teñen que estar conectados de forma directa coas liñas estatais de pasaxeiros e mercancías”, remarca o colectivo, que expón que este proxecto facilitaría “enlazar coa rede Atlántica cara ao norte de Portugal“.

A agrupación lembra que no 1981 concebiuse dentro do Estatuto de Autonomía “o tren galego” sen que en catro décadas “se fixese nada por crear ese ente ou empresa nin por vertebrar Galicia a nivel ferroviario. Lugo hai anos que precisa unha comunicación por tren con Santiago e coa Mariña Lucense“, expón, facendo fincapé en que a capital provincial “é a única da comunidade sen enlace ferroviario coa galega, Compostela.

O colectivo cre que é “o momento” de emprender o proxecto, “por unha razón principal; a liberalización ferroviaria que se iniciará nos anos 2021 e sucesivos e que vai revolucionar dunha forma moi importante e diferente a mobilidade do transporte de pasaxeiros e mercancías nun futuro moi próximo, que vai implicar unha esixencia á nosa Autonomía e ás demais na forma de transportar aos viaxeiros e na forma de planificar novas infraestructuras comunitarias, que enlacen coas redes estatais de forma adecuada para ofertar un verdadeiro servizo público“, argumentan.

“Galicia ten que dar pasos importantes neste sentido e por iso reclamamos do Parlamento Galego e da propia Xunta de Galicia, que se poñan á tarefa”.

“Tamén estamos reivindicando a nivel estatal esas conexións do transporte europeo onde a liña A CoruñaFerrol, Lugo e Monforte sexan parte da estratexia europea a partir do ano 2023″, conclúen.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...