InicioEconomíaAlcoa comprométese a "traballar" pola "mellor solución posible" para "ambas partes"

Alcoa comprométese a “traballar” pola “mellor solución posible” para “ambas partes”

A compañía anuncia que asinou este venres un acordo co comité de empresa polo que negociará "de boa fe" coa SEPI unha venda da planta de aluminio

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa e os representantes dos traballadores do complexo industrial de San Cibrao asinaron o acordo, apoiado polo persoal en referendo, que permite “explorar” a venda da planta de aluminio e suspende a folga indefinida iniciada no pasado mes de outubro. Así o concretou a multinacional a través dun comunicado de prensa emitido a primeira hora da tarde deste venres.

A compañía anuncia que hoxe asinou un acordo co comité de empresa e os representantes sindicais que “permite negociar a venda” da planta de aluminio á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) e suspende o paro “mantendo a paz social”. Coa sinatura deste acordo, Alcoa comprométese a “traballar” con sindicatos, Goberno e Xunta para atopar “a mellor solución posible” para “ambas partes”.

A empresa lembra no comunicado que o pacto inclúe as seguintes condicións: “a suspensión da folga actual e manter a paz social durante o periodo de vixencia do acordo, ata o 30 de abril de 2021; a negociación para a venda da planta de aluminio de San Cibrao á SEPI, tendo en conta que no prazo máximo de dúas semanas, Alcoa enviará á SEPI unha proposta de condicións (‘termsheet’) para dita a venda, o que supoñerá o inicio do proceso da negociación; Alcoa informará sobre a evolución das negociacións unha vez ao mes a unha mesa informativa multilateral integrada polos representantes dos traballadores, o Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia“.

MANTÉN ABERTA A VÍA DO ERE

Alcoa subliña o seu “compromiso co diálogo” e a súa “disposición a negociar de boa fe“, unha actitude que asegura “mantivo en todo momento”, malia que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou nulo por “mala fe” o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que a multinacional presentou na planta de aluminio. A compañía mantén aberta a posibilidade de aplicalo tras recoller o mencionado fallo ante o Supremo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...