InicioEconomíaO comité de Alcoa confía nun acordo "antes de abril" para a...

O comité de Alcoa confía nun acordo “antes de abril” para a venda da fábrica

Zan agradece a Liberty House "os oito meses de espera" para adquirir a planta de aluminio

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, confía en que se logre un acordo “antes de abril” para a venda da factoría de San Cibrao a Liberty House.

Zan asegurou que o grupo británico “segue interesado na compra”, e insistiu en que “sen Liberty” non tería “moita viabilidade”, polo que agradeceu os oito meses de espera. “Iso para nós é moi importante porque senón estariamos nunha posición moi difícil”, enxalzou a este respecto.

O sindicalista confesou que o acordo adoptado para suspender a folga indefinida e iniciar as negociacións entre Alcoa e Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) ofrece “tranquilidade para estas conversas e esperamos que antes de abril poidan frutificar“, presaxia.

En canto á venda, Zan dixo que “descoñece” os pormenores de “a operación”, aínda que se apresurou en deixar claro que “tanto a SEPI, como Liberty ou como calquera que compre a empresa ten que asegurar o futuro vía investimentos e modernizar a factoría“.

Tamén puntualizou que ese “futuro” pasa por “parques enerxéticos que nos permitan producir aluminio verde e é o que sería máis rendible e interesante para o Estado”.

“As enerxías renovables que se constituirían agora permitirían un prezo do aluminio máis barato dentro de dez anos e posibilitaría, ata, que baixase o custo da luz que é bastante necesario neste país”.

A pasada semana “desbloqueouse” a negociación coa multinacional norteamericana, un acordo que logo foi subscrito tamén de forma maioritaria pola asemblea de traballadores.

O próximo mes poderíase producir a primeira visita á factoría da Mariña de Lugo dos posibles compradores e “o acordo final podería alcanzarse nun mes ou en mes e medio”, co que esperan que “antes de abril” se formalice a venda.

ÚLTIMAS

Seis anos de cadea para un veciño do Valadouro por agresión sexual a unha moza

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos de prisión a un mozo,...

OPP Burela organiza unha nova xornada sobre a obriga de desembarque e valorización

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou na mañá do xoves...

Ribadeo prende as luces de Nadal este 1 de decembro

O Nadal da comezo mañá, 1 de decembro, en Ribadeo co acendido do alumeado....

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...