InicioEconomíaO prazo para presentar as condicións de venda de Aluminio remata o...

O prazo para presentar as condicións de venda de Aluminio remata o venres

Na primeira "folla" debe figurar, precisa o comité, "cuestións como a cantidade económica en bruto", porque Alcoa e a SEPI matizarán os "pormenores" dun posible acordo na negociación

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, confirmou que o vindeiro venres, día 5 de febreiro, cúmprese o prazo pactado entre a dirección da multinacional e os sindicatos para iniciar formalmente as negociacións para a venda da planta de aluminio primario.

En declaracións a EFE, Zan precisou que o acordo alcanzado pola representación social coa dirección da multinacional para levantar a folga indefinida no complexo industrial establecía que a compañía enviara á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) “a primeira folla de acordo xeral” no prazo máximo de quince días.

Nesa primeira “folla” deben figurar, precisou, cuestións “como a cantidade económica en bruto“, porque despois os “pormenores” dun posible acordo serán matizados no proceso de negociación e trala visita do comprador á fábrica para avaliar o estado das instalacións.

“Se cadra xa enviaron a primeira folla e resulta que xa están traballando sobre a quinta ou a sexta”, dixo Zan, porque o comité de empresa non espera ter máis información sobre o proceso da que recibirá na mesa multilateral que ten que reunirse -en virtude do acordo asinado con Alcoa- unha vez ao mes.

“As negociacións son un tema bastante particular, de modo que as van a manter en segredo ata que cheguen a un acordo”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...