InicioEconomíaO comité ve "máis posibilidades agora" de que Alcoa venda a planta...

O comité ve “máis posibilidades agora” de que Alcoa venda a planta de Aluminio

O comunicado da apertura das negociacións entre a multinacional e a SEPI dá esperanzas aos sindicatos, que con todo esixen "documentos asinados" e "un traspaso efectivo"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, ve “agora” máis posibilidades de que se venda a planta de Cervo, logo que a multinacional lanzase un comunicado este xoves anunciando o inicio das negociacións coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).

Así, este venres Zan celebrou que a empresa “esta vez si que fixo algo distinto“, o cal vinculou co acordo alcanzado cos traballadores e a unha xunta de accionistas posterior na que se comunicou “que se abría a negociar a vender á SEPI a fábrica de aluminio“. “Cuestión que non se fixo ata agora”, apostilou.

“Ata agora, falaban da boa fe de Alcoa, que ían seguir os procesos xudiciais e que se ía a pechar o proceso, co cal agora hai máis posibilidades de que se venda”, valorou.

Zan confía, pola multinacional americana, en que “non volvan a incurrir no mesmo erro” e asegurou que “a SEPI negocia en nome dos Gobernos, e non en nome da SEPI”.

De feito, o sindicalista recordou como tanto o Parlamento de Galicia como o Congreso dos Deputados aprobaron “que a SEPI debía de intervir a empresa transitoriamente de modo que nun breve prazo vendería a un terceiro”, que sería neste momento ao grupo británico Liberty House.

O DÍA 22, MESA MULTILATERAL

En canto a esa reunión “multilateral” que suscita Alcoa, o 22 de febreiro, Zan concretou que “hai unha cláusula” no acordo que establece que as partes débense reunir “para ver os pormenores e avances de cada negociación”, tal e como se fixo este xoves.

“A mesa multilateral é importante porque así nós seguiremos o proceso e o máis importante é que ese proceso se ratifique vía acordos. Nós o que necesitamos son documentos asinados e unha venda efectiva, despois que nos convoquen a unha reunión ou a 25 é o de menos”, abordou.

Non en balde, Zan criticou que as reunións mantidas ata o momento “non serviron para nada”, porque o que queren “é que eses acordos se ratifiquen en escritos que contemplen a venda”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...