InicioEconomíaExpectación en Foz pola botadura dun barco de artes menores construído en...

Expectación en Foz pola botadura dun barco de artes menores construído en Fazouro

A empresa local Ksins fabricou o 'Josercris', encargado por un armador de Luarca

Publicada o

- Advertisement -

O porto de Foz foi o lugar elixido para a botadura, esta mañá, dun pesqueiro construído en fibra de vidro por un asteleiro local, un barco con matrícula de Avilés, que terá a súa base en Luarca (Asturias).

O barco foi construído por asteleiro Ksnis, situado no polígono de Fazouro, segundo informou o alcalde da localidade, Fran Cajoto, quen destacou a calidade da embarcación, “moi ben deseñada” pola empresa local.

O rexedor destacou que a botadura deste barco é, sen dúbida, unha “boa noticia” neste tempo de pandemia, porque trae consigo “ilusión e esperanza”.

LEMBRANZA NUNHA VILA DE TRADICIÓN MARIÑEIRA NA QUE HOUBO CINCO ASTELEIROS

Ademais, precisou que permite recordar a tradición mariñeira da vila focense, onde chegaron a funcionar cinco asteleiros.

O pesqueiro, de nome ‘Josercris‘, foi botado ao mar cun augurio “de boa sorte”, porque a botella de cava “rompeuse ao primeiro golpe” ao impactar contra o seu casco, dixo á prensa Cajoto.

FAENARÁ Á XARDA OU O BONITO

Segundo concreta Jesús Méndez, de Ksins, o ‘Josercris’ ten 11,97 metros de eslora e catro de manga. É un barco de artes menores “con moita capacidade, con dúas neveras de pesca e moi equipado electronicamente”. No ‘Josercris’ faenarase á xarda, entre outras especies, ou tamén ao bonito, unha pesquería en voga para este tipo de embarcacións de poderse capturar preto da costa. No asteleiro, catro persoas traballaron “arredor de 15 meses” na construción do barco.

Agora, haberá que someter ao barco a todas as probas correspondentes por parte de Capitanía Marítima, como a de estabilidade e equipos, para a súa posterior entrega ao propietario.

A botadura do barco causou expectación en Foz, e tamén o seu traslado de noite ao porto, que suscitou as fotografías e vídeos na vila.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...