O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, confía en que pronto se produzan “novidades” sobre a venda da factoría de San Cibrao (Cervo), “probablemente a semana que vén”, e que “empecen a frutificar as negociacións e todas as conversacións” entre a compañía, a SEPI e esta con Liberty House.
“Esperamos que canto antes cheguen a un acordo e ese acordo xeral sirva para pór as bases do acordo final, que se enmarca en grandes acordos económicos sobre o prezo, sobre o tipo de contrato de alúmina, sobre como van xestionar as dúas plantas (aluminio e alúmina) e como se soluciona o problema”, indicou.
Zan insiste na importancia de “solucionar o problema” de que dentro dunha factoría “haxa dúas plantas”. “Ese acordo xeral pódese plasmar a semana que vén e contar xa con algunha novidade”, dixo.
O presidente do comité de empresa recoñece non ter “moita información oficial” sobre a venda aínda que avanzou unha próxima reunión con Alcoa “antes do 22”, como parte dun acordo para facer seguimento das negociacións.
“Confiamos na palabra que nos deron os dous ministerios (Industria, Transición Ecolóxica), como a Xunta, como o avogado do Estado que isto vai ir rápido e cremos que non vai tardar moito xa que a outra vez quedáronse o 27 de setembro moi próximos a ese acordo”, concluíu.
Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.