InicioEconomíaArrincou o parque eólico de Ourol, capaz de abastecer "a 20.000 fogares",...

Arrincou o parque eólico de Ourol, capaz de abastecer “a 20.000 fogares”, segundo Greenalia

A empresa destaca "a repercusión económica" do parque para o municipio que, en conceptos de taxas e impostos como o ICIO, recibiu por estes conceptos "máis de 800.000 euros"

Publicada o

- Advertisement -

O parque eólico de Ourol producirá ao longo deste ano “máis de 65.000 MWh”, o que
terá unha “repercusión positiva no medio ambiente”, xa que grazas a esta xeración de enerxía renovable “evitarase emitir 24.150 toneladas de CO2 por ano, o que equivale a 16.300 coches circulando durante un exercicio”, resalta a titular das instalacións, Greenalia, nun comunicado de prensa. A empresa salienta tamén que a produción anual deste parque podería abastecer a 20.000 fogares.

O parque eólico, que entrou en funcionamento no principio do ano, conta cun total de 5 máquinas, de 4,5 MW cada unha que suman 22,5 MW, unha altura de 109 metros e un diámetro de rotor de 136. Nel investíronse 26 millóns de euros, creando 230 empregos no proceso da súa construción, de acordo con Greenalia.

A empresa destaca “a repercusión económica” do parque para a administración municipal que, en conceptos de taxas e impostos como o ICIO, Ourol recibiu por estes conceptos “máis de 800.000 euros“.

Greenalia indica na nota que actualmente avanza en construír tres novos parques na Costa da Morte: Alto de Croa, Alto de Croa II e Monte Tourado, que entre as tres instalacións sumarán 28 MW, “e cuxa construción rematará no segundo semestre de 2021”. Durante o presente exercicio, “a compañía iniciará a construción dos parques eólicos pendentes de desenvolvemento incluídos no seu plan Eolo I, que sumarán un total de 135 MW e que xa teñen o financiamento comprometido. A estes engadiranse outros 135 MW adxudicados o pasado mes de xaneiro na poxa de renovables do Ministerio de Transición
Ecolóxica. En total 270 MW que se poñerán en marcha progresivamente a partir de 2022″, expón a empresa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...