InicioEconomíaO comité pídelle á SEPI que "axilice" a compra de Alcoa

O comité pídelle á SEPI que “axilice” a compra de Alcoa

Zan insistiu en que descoñece "se hai novidades ou non" sobre o proceso de venda

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa, José Antonio Zan, pídelle á SEPI que “axilice” a compra da factoría de San Cibrao e lembra que xa “gañou diñeiro” no mes de febreiro. Zan destacou que a planta da Mariña “está con números positivos”, aínda que puntualiza que “non” saben o que “se está gañando”. “Sabemos que Alcoa en febreiro gañou diñeiro”, apostilou.

Así mesmo, no comité de empresa pídelle á SEPI que “convoque reunións para chegar a un acordo”. “Porque canto antes teñamos unha solución mellor para todos”, abundou. En canto ás negociacións, Zan insistiu en que descoñece “se hai novidades ou non”, para sinalar que a multinacional “ten de prazo ata o vindeiro luns para ofrecer información que ten comprometida tras o acordo”.

Esperamos que a SEPI estea a avanzar no acordo xeral, para chegar ao principio de acordo e darlle para diante. Está a demorarse por cuestións do día a día que xorden con respecto a esta problemática. Esperamos ter deica pouco a solución encima da mesa”, incidiu.

En canto á “solvencia” de Liberty, o grupo británico disposto a comprala a través da SEPI e tras informacións que pon en dúbida dita solvencia do banco que financia a Liberty, José Antonio Zan volveu a insistir en que “quen compra é a SEPI, e por iso pedímoslle que axilice a compra”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...