InicioEconomíaEnce Navia retoma a actividade trala parada técnica anual, cun investimento de...

Ence Navia retoma a actividade trala parada técnica anual, cun investimento de dous millóns

A compañía resalta que "estritas medidas de seguridade" permitiron evitar contaxios

Publicada o

- Advertisement -

A parada técnica anual da biofábrica de Ence en Navia, iniciada a comezos deste mes de marzo, completouse e a planta retomou a súa actividade produtiva habitual. A operación, “que este ano se realizou entre estritas normas de seguridade fronte ao coronavirus“, expón a empresa, “permitiu someter ás instalacións a un exhaustivo programa para incorporar novas tecnoloxías, a fin de seguir reforzando a súa eficiencia, fiabilidade e excelencia medioambiental”.

A parada da biofábrica de Navia supuxo, segundo Ence, un investimento aproximado de dous millóns de euros. A compañía remarca que a parada anual culminou “sen ningún contaxio no interior das instalacións”.

Así, durante estas dúas semanas, a compañía realizou máis de 4.500 test de antíxenos a persoal propio e de contratas. Do mesmo xeito, repartíronse máis de 10.000 máscaras FFP2 entre todas as persoas que accederon ás instalacións, coa obrigatoriedade de portalas dentro da biofábrica.

“O acceso, por outra banda, estivo controlado mediante unha aplicación móbil, que permite asegurar que todas as persoas se fixeron un test, con resultado negativo, en coronavirus, e que coñecen os principais aspectos de protección fronte á Covid-19, o que se avalía a través dun test específico”, indicou Ence.

“Ademais, dividiuse a parada en grupos independentes de traballo, cos seus propios servizos esenciais: estancias amplas e ventiladas para vestuarios; e comedores, en carpas de gran tamaño. Así, cada un destes grupos de traballo conformou unha burbulla independente do resto da planta para actuar sen interacción nin contactos de ningún tipo co resto dos grupos”, salienta a compañía.

“Deste xeito, logrouse limitar o contacto entre persoas, garantir en todo momento o cumprimento da distancia de seguridade e preservar, aínda máis, a seguridade de todos os participantes na parada”, prosegue.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...