InicioEconomíaO comité de Alcoa reivindica ao persoal do comedor ante a "reestruturación"...

O comité de Alcoa reivindica ao persoal do comedor ante a “reestruturación” na empresa Eurest

Segundo o organismo de representación dos traballadores, "estase a despedir ou incluír en Erte a varios empregados", polo que os que quedan "asumirán máis carga en plena pandemia"

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao amosou o seu apoio a través dun comunicado de prensa aos empregados de Eurest, que opera no comedor do complexo industrial. Segundo o organismo de representación dos traballadores, “debido a unha reestruturación” na firma, “estase a despedir ou incluír en Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) a varios traballadores, afectando ao cadro de persoal que presta servizo nas nosas instalacións”.

Os sindicatos amosan “todo o noso apoio” aos traballadores “nestes momentos tan complicados”, reivindicando “a necesidade deste persoal no complexo, afrontando unha pandemia co risco que iso conleva, para poder dar un servizo eficaz nunha situación tan difícil como a que se está vivindo nestes momentos, xa que impacta na calidade e na atención ao ter que asumir, o pouco persoal que queda, unha carga de traballo superior ao que lles correspondería”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...