InicioEconomíaAlcoa di que está "preparada para avanzar" no proceso de venda, pero...

Alcoa di que está “preparada para avanzar” no proceso de venda, pero “agarda resposta” da SEPI

A compañía insiste en que negociará "de boa fe" o traspaso da planta de aluminio, malia que mantén aberta a vía xudicial para a aplicación do ERE

Publicada o

- Advertisement -

A multinacional Alcoa asegurou hoxe, trala reunión da mesa multilateral para fiscalizar o proceso de venda da planta de aluminio de San Cibrao, que está “preparada para avanzar” nas negociacións. A empresa “está agardando resposta” sobre a folla de condicións xerais (‘term sheet‘) presentada á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).

Alcoa di manter o seu “compromiso” de negociar “de boa fe” a venda da planta á SEPI “coa fin de atopar a mellor solución posible para todas as partes”.

No proceso de venda, a SEPI sería a “potencial compradora da planta de aluminio”, lembra Alcoa, “conforme co proposto polo Goberno e o acordo que (a multinacional) firmou cos representantes dos traballadores”.

Os empregados solicitaron unha “reunión urxente” ás Administracións, Xunta de Galicia e Goberno de España, para que aclaren “cales son os puntos de desencontro” entre Alcoa e a SEPI a pouco máis dun mes para que remate o prazo fixado para concretar unha venda.

Os traballadores suspenderon a folga indefinida que mantiñan na planta desde outubro de 2020 para posibilitar as negociacións. Precisamente nese mesmo mes Alcoa rexeitou ofertas pola planta e insistiu en aplicar un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que foi declarado nulo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Con todo, a empresa presentou recurso ante o Supremo. Deste xeito, a compañía mantén mentres negocia aberta a vía xudicial para pechar a planta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...